Esta semana temos con nós alumnos do ciclo infantil de varios colexios que viñeron a disfrutar do espectáculo De aquí para alá.
“De aquí para alá” é un proxecto didáctico musical no que viaxamos arredor do mundo aprendendo, escoitando, bailando e cantando as músicas de cada lugar facendo partícipe ó público que nos acompañe na procura de novos sons!
Cantaremos co público o retrouso que nos levará ó seguinte lugar transportando unha mesma melodía por xéneros musicais coma a bossa-nova, o rap, o son cubano, o reggae, o ska…
Unha divertida aventura na que a música, os instrumentos e as cores son os protagonistas cos que descubriremos paisaxes sonoras distintas disfrutando e aprendendo ó mesmo tempo.
Esta historia representa dalgún xeito que a felicidade non está só na fin, senón na forma de facelo camiño, coa música sempre coma compañeira de viaxe, nunca nos sentiremos sós, sempre cara adiante.
Concierto en Familia: 15 de febrero de 2020 (12h)
Podes mercas as entradas neste enlace