Comezan os concertos didácticos na OSG.
Durante esta semana e a seguinte pasarán 4882 escolares polo Palacio da Ópera para ver ao grupo Odaiko no seu concerto Cousas de catro, o 27 de xaneiro será o concerto en familia.
Cousas de Catro é un xogo de palabras moi sinxelo que aproveitamos para explicar elementos sociais de cooperación básicos que están presentes nos primeiros anos da vida das persoas no tocante a modos de organización, de relacionamento social, de círculos periódicos…. Esta é a idea filosófica mais o que levamos á escea é un musical narrado escenificado por uns percusionistas que sitúan aos espectadores e ás espectadoras en supostos que nos van facilitar o esclarecemento de inventos e solucións que ás que chegan os nosos actores aplicando o sentido común e a razón.
Peripecia tras peripecia, o espectáculo non ten outro que o obxetivo de facer un chamamento á importancia do traballo en equipo para que o alumnado se adentre no mundo da experimentación tanxible separándose do que parece que hoxe en día é o único xeito para resolver os problemas: a tecnoloxía.
Se queres vir ao concerto en familia o 27 de xaneiro podes comprar a túa entrada en:
Presencial:
- Plaza de Orense Horario 9:30 -13:00 y 16:30-19:30
- Na taquilla do Palacio da Ópera o mesmo día do concerto.
Teléfono:
- Servizo de Venda de Entradas de //ABANCA 981 91 05 44 de 8 a 22 de luns a sábado.
Internet:
- Cousas de catro 27/01/2018 Palacio de la Ópera